SABADO:
S.E. ABELLÁ XUVENIL 3 - PAIOSACO 2

Adiantaríase o noso equipo no marcador con goles de Juan Castro(vitre) e Alex (Speedy), pero antes de chegar o descanso esa ventaxa quedaría anulada polo equipo visitante en 2 erros defensivos do equipo local.
No descanso o adestrador local puxolle as pilas o equipo e na segunda metade saíron mais concentrados en busqueda da victoria. Esta chegaría cun gol de novo de Alex( Speedy) que deixaría o marcador no 3 a 2 final, e que mantivo a incertidume no marcador ata o final sobre todo despois da expulsión de Juan Castro por doble amarela no minuto 70.
Unha semana mais seguiremos mandando na clasificación e este sábado desprazarémonos a Sobrado onde a partir das 17:00 horas volveremos a poñer o liderato en xogo fronte a un equipo difícil de superar.
Alineación: ANTONIO ,JAMIE ,SAMUEL ,SUARES ,MANUEL ,JUAN BOTANA ,ADRIÁN ,ANGEL ,JUAN CASTRO, MIXEL E SPEEDY
Cambios: Pablo Chedas por Samuel(min 45),UXIO por Mixel(min 45), SEMA por Adrián(min 55), Yago por Speedy(min 60) e Jacobo por Ángel(min 87)
DOMINGO: 2ª AUTONÓMICA
S.E. ABELLÁ "A" 1 - SAN TIRSO 0
Bo partido o disputado no vedral este domingo entre 2 dos equipos da zona alta da táboa; o equipo local empeza a recuperar algúns dos lesionados, e por fin había 15 xogadores con ficha do A mais Santi Mandayo do B.
O partido non empezou ben, xa que os 12 minutos Che tivo que ser sustituido o resentirse da sua lesión, entraría en sustitución Angel Souto, nova fichaxe do equipo local.
A primeira metade foi igualada e acabou con taboas no marcador.
A segunda parte comezou con outros 2 cambios, quedaron na caseta Tito(tiña que ir traballar,xa fixo o posible por vir) e Lagares e entraron Cacho e Garcí, que deron aire fresco no ataque do equipo local.
Esta segunda metade foi de dominio local, e o San Tirso limitouse a xogar a contra , as ocasións caían do bando local, primeiro cun remate de cabeza de García a centro de Marcos que o porteiro visitante salvou espectacularmente e despois con outro remate a saída dun corner de Javier que de novo salvou o porteiro, unha chegada de garcí por banda dereita non entrou xa que o seu centro saíu defectuoso e o porteiro rechazou a corner cando estaban 3 xogadores a espera do remate. O último cambio local foi a entrada de Santi por Javier no minuto 72, que aínda daba mais enerxía en ataque, levando perigo en accións persoais.
O gol chegaría nos intres finais do encontro despois dun corner rechazado pola defensa caelle o balon a Nacho que manda un centro a área que lle cae a Garcí no segundo pau que bate de tiro cruzado o porteiro visitante. O gol foino dedicar a grada a Pablo, o noso capitán, pola perda do seu pai tres días antes.

O domingo a partires das 16:15 visitamos o Hercules de San Pedro, un equipo que no seu campo saca bos resultados é que esta a facer unha boa campaña.
ALINEACIÓN: JUAN, MANUEL RAPOSO, MARCOS, JOSE ANTONIO , NACHO ,GARCÍA ,MANDÁS ,CHE ,JAVIER ,TITO E LAGARES.
Cambios: Souto por Che(min 12), Cacho por Tito(min 45),Garci por Lagares(min 45) e Santi por Javier (min 72).
3ª AUTONÓMICA:

S.E. ABELLÁ "B" 3 - VIZOÑO "B" 0
Partido xogado as 19:15 horas por coincidir no mesmo horario co A. e que resultou ser o mellor encontro do filial esta temporada. Partido controlado dende o primeiro minuto onde se sucedian as ocasións para o equipo local fronte a un Vizoño que so chegaba en xogadas aisladas. Asi xa na primeira metade gozamos dun remate de Nico o Pau, outro de Rama que se estrelou no longueiro e un man a man de Nico que o porteiro rechazou con moitos apuros. A pesar das ocasión claras fomos o descanso co 0 a 0 inicial.
O próximo encontro será este domingo día 20 as 16:15 en Mesía.
ALINEACIÓN: MURIEL,JAVIER LODEIROS ,MANUEL ,JORGE ,QUINTO ,VÁZQUEZ ,RAMA , PERNAS ,NICO ,RIVERA E RUBEN.
Cambios: Tomás por Nico(min 60) Roxo por Ruben(min 65), Portos por Manuel(min.75), Rubio por Javier(min 77) Bataneiro por Vazquez(min 84).